A Coresma e a Novena da Gracia
Atopámonos xa no ecuador da nosa Coresma, celebrando ademais a Novena da Gracía. Hoxe, a liturxia regálanos un das pasaxes máis belas e humanos do Evanxeo: o encontro de Xesús coa Samaritana. Neste camiño cara á Pascua, Xesús espéranos, como no pozo de Sicar, para ofrecernos unha auga que acouga definitivamente a sede de sentido e de esperanza.
O encontro de Xesús coa samaritana é unha auténtica lección de agarimo e proximidade de Deus. Hai tres detalles que nos tocan o corazón: primeiro, a sorpresa dun Deus que necesita a nosa axuda. Xesús chega canso, faise o encontradizo pedindo un favor: "Dáme de beber". Despois vén ese diálogo que nos vai abrindo os ollos: Xesús vai "tirando do fío" da súa vida para que ela descubra que o que realmente ten é sede de algo máis grande, dunha paz que só El pode dar. Por último, a muller deixa o seu cántaro. Ao atopar a Xesús, esquece dos seus medos e sae correndo, para contaxiarlle a todo o mundo a alegría de atopar, por fin, o que tanto buscaba.
|