sanfranciscojavier.es
 

Domingo IV de Advento


Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir por e-mail
 
     

Pulsa no seguinte enlace para descargar a Folla Parroquial.

FOLLA PARROQUIAL

 



San Francisco Xabier

 

 



Deus actúa desde dentro

Advento convídanos a mirar máis aló do externo e preparar o noso corazón para acoller a Xesús, o Emmanuel, Deus connosco. Mateo preséntanos a Xosé como exemplo de fe e confianza: alguén que, aínda na incerteza, soubo escoitar a Deus e deixarse guiar por El.

Así, Xesús entra na historia como cumprimento da promesa de Deus, traendo luz e esperanza ao noso mundo. O Evanxeo lémbranos que a presenza de Deus maniféstase no sinxelo e no cotiá: na comunidade reunida, na misión, na Eucaristía e, especialmente, nos máis necesitados. Ser Emmanuel para outros é o maior xesto de Advento: acompañar, escoitar, reconciliar e compartir.

Acoller a Emmanuel require preparativos concretos. Non é unha espera pasiva, senón unha transformación da contorna cotiá:
"Freguemos o chan e abramos as portas. Que Deus se atope a gusto".

Pero, como podemos prepararnos?

Pois dende dentro: Revisando o noso interior, abríndonos á presenza de Deus.

Na casa: Creando un ambiente de paz e acollida.

Coas nosas relacións: Reforzando lazos de reconciliación e solidariedade.

Na nosa axenda: Dedicando tempo ao verdadeiramente importante.