A présa róubanos o rostro dos nosos irmáns
A liturxia do segundo domingo de Advento sitúanos novamente ante a figura de Xoán o Bautista, cuxa presenza irrompe no relato evanxélico como un limiar entre a promesa e o seu cumprimento. Mateo 3, 1-12 ofrécenos un texto fundamental para comprender non só a identidade do Bautista, senón tamén o perfil do discípulo que se dispón a acoller ao Mesías. Neste sentido, o Advento non é soamente un tempo de preparación litúrxica, senón un espazo teolóxico desde o cal reler a nosa vida á luz do Evanxeo.