sanfranciscojavier.es
 

Festa de San Francisco Xavier


Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir por e-mail
 
     
San Francisco Xabier

Oh, gran Santo Francisco Xavier!,
ben-aventurado e glorioso,
predicador incansable
e prodixioso misioneiro
que -ao servizo de Deus Pai-
percorriches o mundo enteiro:
xunto a ti adoro á Divina Maxestade,
alégrome especialmente polas grazas
que che entregou en vida
e pola gloria que che concedeu despois da morte.
Doulle grazas a Deus, e pídoche,
con todo o afecto do meu corazón,
que mediante a túa poderosa intercesión
poidas concederme, sobre todas as cousas,
a graza de vivir unha vida de Santidade
e acadar unha morte santa.


Santo protector das causas perdidas,
glorioso santo Francisco Xavier!,
ti que nunca te deches por vencido,
rógoche que me asístas co teu poder
e me axúdes nesta especial necesidade
que me angustia e considero perdida:


(facer unha petición persoal)


Pero, se o que che pido non é para a gloria de Deus,
e para o ben da miña alma,
rógoche, outórguesme as grazas necesarias
para logralo,
así como a túa perpetua protección,
a fin de que,
animado polo teu exemplo e a túa asistencia
poida vivir santamente
e acadar a eterna gloria do Ceo.


Amén.