Novo ano litúrxico
A historia ensínanos que a vixilancia que pide o Evanxeo non nace do medo, senón da expectación; como cando esperas a alguén que queres moito e preparas todo para recibilo. Ser discípulo é estar en vela, vivir atentos á realidade, escoitar os berros de quen sofre e sentir o Amor de Deus. É volver a Xesús, reencontrarnos con El e reavivar a experiencia amorosa de Deus na nosa vida.