sanfranciscojavier.es
 

Domingo V de Pascua


Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir por e-mail
 
     

Pulsa no seguinte enlace para descargar a Folla Parroquial.

FOLLA PARROQUIAL

 

A fe cristiá, un proxecto de AMOR.

San Francisco Xabier

 



Mirada esperanzada - O amor é sempre novo

Seguimos celebrando a Pascua do Señor. Na metade do mes de maio, tan fermoso e tan primaveral, en definitiva, tan cheo de vida, continuamos dando grazas a deus pola Resurrección de Jesús que fixo xurdir no máis fondo de nós unha fermosa primavera. Neste quinto domingo de Pascua, a liturxia quere convidarnos a dar grazas pola alegría de vivir o amor coas persoas que nos rodean: pais, fillos, avós, amigos. Dar grazas porque non estamos sós; dar grazas porque falar de Dios significa sempre descubrilo desde o amor vivido e entregado ao servizo dos demais. Nisto consiste o mandamento novo que nos dá Jesús: amarnos uns a outros, traballando para sementar a amizade social.