Despois da misa de 12:30 h. e animados polo grupo de percusión AFROBRASILEÑA TAMBUKDA viviremos este encontro no salón parroquial no que cada cunca de callos se convertera nunha axuda a Caritas parroquial para consolidar o seu apoio ás familias e ás persoas con maiores dificultades dos nosos barrios.
Contaremos co gran apoio do HOTEL LA FINCA (Rúa San Cibrao, a carón do HULA), que nos doa os produtos para que cada cunca sexa unha pequena contribución de esperanza. Os asistentes poderanse levar a cunha para a súa casa. Teremos "FILA 0" para aquelas persoas que desexen colaborar e non poidan estar presentes. Poden adquirir a invitación por 10 ? e recibirán a súa cunca solidaria.