A experiencia de Deus.
No evanxeo deste domingo, Xesús axúdanos a repensar como verificamos a nosa experiencia e relación con Deus. Podemos compartir, repartir, pero sobre todo estamos chamados a "entregarnos". Esa é a sabedoría de Xesús, a sabedoría da cruz. Podemos centrarnos non tanto no que nos "falta" como aquel mozo rico, senón en recoñecer o que somos e temos e do que podemos "dar-nos". Aceptemos con coraxe a lóxica do Evanxeo propón continuamente unha nova humanidade, comezando por soñar xuntos. Xesús preséntanos este estilo de vida como fecundo na fraternidade, na xenerosidade, no amor, e non só para o máis alá... senón que xa xera un futuro que se empeza a albiscar aquí.