Un "nós" cada vez máis grande.
Celebramos a Xornada das Persoas Migradas e dos Refuxiados co lema "Deus camiña co seu pobo". As persoas migradas son unha icona contemporánea do pobo en camiño, da Igrexa en camiño, é neles e en todos os nosos irmáns onde podemos atopar ao Señor que camiña connosco. Deus camiña co seu pobo en comunidades acolledoras e misioneiras. Cada un de nós, partindo da comunidade na que vivimos, debemos contribuír a que a Igrexa sexa sempre máis inclusiva: Cara un "nós" cada vez máis grande.