PORTADA



     

Pulsa no seguinte enlace para descargar a Folla Parroquial.

FOLLA PARROQUIAL

 



San Francisco Xabier

 

 



Domingo XXXII do tempo ordinario

O aceite da lámpada é a vida interior.



É a capacidade de discernir comunitariamente, de alimentar o corazón e de traducir a fe en xestos concretos de amor. Estar espertos é manter a alma acendida e aprender a ler, cos ollos da fe, o que Deus nos está pedindo na vida cotiá e nos signos do noso tempo.

A Igrexa que camiña aquí en Lugo non está chamada a ser unha comunidade coa luz apagada ou angustiada polo futuro. Estamos chamados a estar «Unidos nun camiño», a ser unha rede de persoas que se axudan a manter acendida a esperanza. Tres xestos sinxelos para «encher a aceiteira» estes días: actitude de escoita e empatía; facer comunidade participando na vida parroquial ou diocesana; e agasallarnos cada día un momento de silencio.

A liturxia deste domingo tócanos o corazón no máis cotián. Porque todos sabemos o que é esperar: esperamos na cola do supermercado, esperamos a chamada que non chega, esperamos que melloren as cousas... Pero, como esperamos o verdadeiramente importante? Esta espera é unha realidade compartida, comunitaria, nun territorio concreto: a Igrexa que peregrina en Lugo. Hoxe celebramos o día da Igrexa Diocesana.

Situada no discurso escatolóxico previo á Paixón, a parábola das dez virxes (Mt 25, 1-13) responde ao atraso da parusía-presenza de Xesús na igrexa do século I, urxindo a vixiar e a discernir os signos dos tempos. Exhórtanos a superar a rutina e a desidia cunha fe viva e coherente. Para a comunidade crente —acomodada ou desencantada—, vixiar non é pasar a noite en branco nin esperar cos brazos cruzados.



 

LECTURA ORANTE DA PALABRA
DOMINGO XIII do tempo ordinario
21 de xuño de 2026

SanFranJaviRadio (pulsa sobre a imaxe)

San Francisco Xabier

 

 





 




     

San Francisco Xabier







 




     

San Francisco Xabier







 




     

Pulsa no seguinte enlace para descargar a Folla Parroquial.

FOLLA PARROQUIAL

 



San Francisco Xabier

 

 



Domingo XXXI do tempo ordinario

Hoxe a Igrexa universal vístese de festa para celebrar non só os santos canonizados con nome propio, senón tamén esa multitude incontable de santos anónimos que nos precederon e que xa gozan plenamente do amor e da luz do Pai. Por ese motivo, a liturxia deste día non corresponde ao domingo XXXI do Tempo Ordinario, senón que as oracións e as lecturas corresponden á solemnidade de Todos os Santos.

A primeira lectura, que emprega unha linguaxe característica do Apocalipse, ofrécenos unha mensaxe de esperanza e consolo: esa gran multitude de persoas que deron testemuño de Deus agora adórao no ceo. A carta de san Xoán dinos que somos fillos de Deus e que, un día, o veremos tal como é. Xesús ensínanos o camiño cara á santidade vivindo as Benaventuranzas, e lémbranos que estará sempre connosco e que estará presente, dun xeito especial, ao lado dos pobres e de quen sofre.

Vivimos nunha época marcada pola fragmentación existencial e a soidade. Nun mundo no que moitas persoas buscan desesperadamente a que ou a quen pertencer, a festividade de hoxe lémbranos que, polo Bautismo, estamos integrados nunha rede indestrutible: a Comuñón dos Santos.

A santidade cristiá non se cultiva no illamento individualista, senón que se aprende e se exercita a través da linguaxe do encontro.

En cada celebración eucarística rómpense as barreiras do tempo e do espazo. Na mesa do altar, a comunidade de San Francisco Javier de Lugo, que aínda peregrina na terra, únese nun mesmo canto de loanza á asemblea festiva do ceo.

Ao facer memoria dos nosos irmáns defuntos e das testemuñas da fe, non nos alimenta a nostalxia, senón a esperanza gozosa de sabermos que eles nos sosteñen coa súa constante intercesión.



 

LECTURA ORANTE DA PALABRA
DOMINGO XIII do tempo ordinario
21 de xuño de 2026

SanFranJaviRadio (pulsa sobre a imaxe)

San Francisco Xabier

 

 





 




     

San Francisco Xabier







 




     

Pulsa no seguinte enlace para descargar a Folla Parroquial.

FOLLA PARROQUIAL

 



San Francisco Xabier

 

 



Domingo XXX do tempo ordinario

Hoxe o Señor invítanos a volver ao máis profundo e esencial da nosa fe: o mandamento do amor. Xesús revélanos que o amor a Deus con todo o noso corazón, alma e mente é inseparable do amor ao próximo, facendo de ambos un único principio que ilumina toda a nosa existencia.

A pasaxe de Mateo 22, 34-40 sitúase nun punto de inflexión decisivo dentro da arquitectura narrativa do Primeiro Evanxeo: o escenario maxestuoso e conflictivo do Templo de Xerusalén, durante os días finais da vida pública de Xesús previos á súa Paixón. O conflito entre Xesús e a elite socio-relixiosa xudía alcanza neste escenario a súa máxima aspereza exexética. Os fariseos vólvense congregar para coordinar unha trampa académica e halájica definitiva.

Nesta ocasión, envían a un doutor da lei para interrogar ao Mestre e forzalo a tomar postura nunha controversia de viva actualidade nas escolas rabínicas.



 

LECTURA ORANTE DA PALABRA
DOMINGO XIII do tempo ordinario
21 de xuño de 2026

SanFranJaviRadio (pulsa sobre a imaxe)

San Francisco Xabier

 

 





 




     

San Francisco Xabier







 




     

San Francisco Xabier







 




     

San Francisco Xabier




 




     

Pulsa no seguinte enlace para descargar a Folla Parroquial.

FOLLA PARROQUIAL

 



San Francisco Xabier

 

 



Domingo XIII do tempo ordinario

Hoxe é un día especial para alzar a nosa mirada máis alá da vida de cada día. Celebramos a edición número 100 do Domund, a Xornada Mundial das Misións. O lema deste ano é: "Un en Cristo, unidos na misión".

Día de recordo dos nosos misioneiros e misioneiras, de traer tamén á nosa celebración as persoas e os territorios de misión, de oración e solidariedade.

O pasaxe de Mateo 22 constitúe un dos episodios de maior densidade teolóxica da literatura evanxélica. Insertado no bloque narrativo das controversias de Xerusalén (Mt 21,23–22,46), o relato escenifica a confrontación dialéctica entre Xesús e as elites dirixentes locais no recinto sagrado do Templo. A pregunta sobre o imposto non buscaba aprender, senón tender unha trampa a Xesús: se dicía "si", traizoaba a fe do seu pobo; se dicía "non", cometía un delito contra Roma.



 

LECTURA ORANTE DA PALABRA
DOMINGO XIII do tempo ordinario
21 de xuño de 2026

SanFranJaviRadio (pulsa sobre a imaxe)

San Francisco Xabier

 

 





 




     

San Francisco Xabier







 




     

Data de presentación da catequese, na segunda etapa de preparación para a Primeira Comuñón no curso 2026-2027:

3º de Educación Primaria: Venres 16 de outubro, ás 17:30 h. na igrexa de S. Francisco Xabier.



San Francisco Xabier




 




     

Data de presentación da catequese, na segunda etapa de preparación para a Primeira Comuñón no curso 2026-2027:

2º de Educación Primaria: Xoves 15 de outubro, ás 17:30 h. na igrexa de S. Francisco Xabier.

As familias poden anotar na catequese aos seus fillos acudindo ao despacho parroquial ata a última semana de setembro. O xoves, día 15 de outubro, comezaremos coa xuntanza cos pais ás 17:30 h. na igrexa parroquial.



San Francisco Xabier




 




     

Pulsa no seguinte enlace para descargar a Folla Parroquial.

FOLLA PARROQUIAL

 



San Francisco Xabier

 

 



Domingo XIII do tempo ordinario

Chega o verán e con el cambia o ritmo. Os calendarios baleíranse, as axendas respiran e os corpos piden descanso. A cidade adelgaza de coches e énchese de silencio. E no medio dese paréntese que a cultura contemporánea converteu en sinónimo de desconexión total, cabe preguntarse: tamén descansan o Espírito e o corazón crente?

Hai algo na lóxica do verán que non só é compatible coa fe, senón que pode converterse nunha oportunidade extraordinaria para que esa fe medre, se ensanche e se faga máis fonda. O verán non é unha pausa no camiño cara ao Reino; pode ser, se se vive con intención, un dos seus treitos máis fecundos.

O verán é tamén tempo de persoas. É o agasallo do encontro: das conversas sen présa, das reunións familiares, das amizades que o ano dispersa e que o verán volve reunir. E nisto tamén hai teoloxía. As vacacións devólvenlles a moitos a posibilidade de estar verdadeiramente presentes con quen aman.

Hai realidades que non descansan no verán. A pobreza non colle vacacións. A soidade das persoas maiores agudízase cando os barrios quedan baleiros. As persoas refuxiadas seguen cruzando o Mediterráneo mentres os turistas atravesan ese mesmo mar camiño das illas. O verán pode ser tamén unha invitación a manter vivo o compromiso, aínda que adopte formas diferentes.

En definitiva, a proposta é simplemente non abandonar o esencial. Manter acesa a chama. Deixar que o silencio do verán diga aquilo que o ruído do ano cala. Que o descanso sexa verdadeiramente reparador: non só para o corpo, senón tamén para o espírito. Que o encontro cos demais sexa auténtico. Que a contemplación da creación renove a capacidade de asombro.

Que o compromiso, aínda que adopte formas distintas, non se apague.



 

LECTURA ORANTE DA PALABRA
DOMINGO XIII do tempo ordinario
21 de xuño de 2026

SanFranJaviRadio (pulsa sobre a imaxe)

San Francisco Xabier

 

 





 




     

San Francisco Xabier