É importante descubrir que Xesús está na nosa propia barca. Necesitamos levantar a mirada, moitas veces centrada na tormenta, nas dificultades da vida, para abrirnos á presenza Xesús. Deus non abandona o traballo das súas mans, súas promesas teñen un sabor de eternidade, porque brotan do amor que crea e recrea.